Cargando resultados...
Retiran máis de 10.000 toneladas de cinza en Los Llanos de Aridane
Retiran máis de 10.000 toneladas de cinza en Los Llanos de Aridane
Desde hai mes e medio están a traballar catro pas e seis camións contratados polo Concello para retirar a cinza
G24.gal
12/01/2022 08:34
Máis de dez mil toneladas de cinza que deixou a erupción do volcán de Cumbre Vieja. É a cantidade que levan retirado no concello palmeiro de Los Llanos de Aridane, segundo informaron os responsables municipais.
Desde hai mes e medio están a traballar catro pas e seis camións contratados polo Concello para retirar a cinza. Sinalan os responsables municipais que grazas á colaboración da Unidade Militar de Emerxencias e o exército puideron avanzar con rapidez nesta tarefa.
Os traballos compleméntanse cos que leva a cabo o Cabido da Palma en camiños e pistas e para facilitar o acceso ás vivendas.