Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retiran unhas tres toneladas de unlla de gato do faro de Corrubedo

Retiran unhas tres toneladas de unlla de gato do faro de Corrubedo

Uns trinta voluntarios da Fundación Abanca encárgaronse de arrincar a especie invasora

A planta exótica modifica o chan e despraza a flora nativa

G24.gal 05/11/2022 16:08 Última actualización 05/11/2022 16:22

Caldeiro en man, uns trinta voluntarios intentan arrincar de raíz o manto de plantas de unlla de gato que medra na contorna do faro de Corrubedo.


Ao mellor chegamos a máis de tres toneladas de "carpobrotus" retirada aquí. O que fai esta planta é absorber moita auga, cambia as condicións do solo, o que fai que moitas plantas non poidan competir con ela, di Elia Pérez , do grupo Naturalista Hábitat.
 

Plantas coma a herba de namorar, o toxo  ou perexil mariño quedan sen sitio debido a esta especie invasora. A carpobrotus edulis procede de África e chegou a Galicia como planta ornamental.



Vimos que nesta zona había unha gran problemática con esta especie. Aquí hai máis de cincuenta manchas pequenas repartidas dende aquí ata o faro. Realmente é unha problemática e un perigo, entón decidimos que era hora de pórnos a traballar e que mellor que facelos cos voluntarios da Fundación, di Elia Pérez.

 

O traballo dos voluntarios require dun seguimento anual para evitar que se expandan as plantas que poidan quedar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar