Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retómase o tráfico aéreo no aeroporto de Vigo tras reparar a pista danada

Retómase o tráfico aéreo no aeroporto de Vigo tras reparar a pista danada

Peinador estivo pechado durante 48 horas por unha fochanca na pista

Cancelados ou desviados 34 voos polas obras de arranxo

G24.gal 02/01/2022 20:20

Os avións xa volven engalar e tomar terra no aeroporto de Vigo logo de case 48 horas pechado por causa dunha fochanca na pista de aterraxe. Os equipos de mantemento lograron reparar os danos en menos tempo do previsto e iso que foi preciso elaborar e aplicar aglomerado asfáltico na zona afectada, uns quince metros cadrados. Aena recomenda ás persoas que teñen pensado chegar ou saír de Peinador que revisen o estado do seu voo.

En total foron 34 os voos que houbo que cancelar ou desviar cara aos aeroportos de Santiago e A Coruña, 17 de saída e 17 de chegada a Peinador, e todos eles con orixe ou destino en Barcelona, Madrid e Tenerife. Estas modificacións alteraron os plans de numerosos viaxeiros nunhas datas tan sinaladas.

Os técnicos xa analizan a zona afectada pola fochanca para coñecer exactamente por que se produciu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade