Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retransmítese o roubo dunha igrexa ao deixar o párroco prendida a megafonía

Retransmítese o roubo dunha igrexa ao deixar o párroco prendida a megafonía

Os veciños puideron reter un dos ladróns mentres o outro fuxía 

G24.gal 28/10/2021 13:25

En Rante, unha parroquia de San Cibrao das Viñas, uns veciños frustraron o asalto nocturno duns ladróns á igrexa. O curioso é como souberon do roubo a tempo.

Un descoido do párroco, que deixou prendida a megafonía da igrexa, acabou co intento de roubo no templo. O ruído que fixeron os ladróns ao romper a porta e ao remexer no interior na procura do peto viuse amplificado e deixouse sentir a través do altofalante da fachada.

Os veciños das casas lindeiras acudiron, máis por curiosidade que por desconfianza, ata o lugar e alí deron cos pouco experimentados delincuentes.

Segundo estes improvisados policías, os ladróns colleron máis medo ca eles. Un conseguiu fuxir pero os veciños puideron reter o outro e recuperar a boeta coa recadación do día do DOMUND, arredor de 50 euros.

O sorprendente é que os autores do intento de roubo non se decataran de que estaban a ser escoitados grazas ao altofalante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade