Fernández Lores perde a cuestión de confianza
Fernández Lores perde a cuestión de confianza
Nun mes sacará os orzamentos adiante, ao non ser probable que a oposición presente unha moción de censura contra o alcalde de Pontevedra
O PSdeG abstívose na votación da cuestión de confianza, pero avanzou que non apoiará unha alcaldía do Partido Popular
A falta de apoio levou o alcalde Pontevedra a someterse a unha cuestión de confianza para poder sacar adiante os orzamentos de 2024. Dende o PSOE, que apoiou a investidura de Lores, acúsano de falta de diálogo. Abstivéronse na votación da cuestión de confianza, pero avanzaron que non apoiarán unha alcaldía do Partido Popular.
Para os populares, é inexplicable que o PSOE manteña a Lores, e apuntan que antepoñen os intereses do partido aos da cidade de Pontevedra.
Lores só contou cos votos a favor do seu partido. Os socialistas abstivéronse e os populares votaron en contra. A oposición ten un mes para presentar unha moción de censura ou os orzamentos quedarán aprobados por decreto.
Foi un pleno tenso, de máis de dúas horas de duración e con numerosas interrupcións polas protestas de comerciantes e funcionarios.