Ribeira de Piquín é o único concello de Lugo libre de coronavirus
Ribeira de Piquín é o único concello de Lugo libre de coronavirus
A responsabilidade social e a sorte detrás dos datos positivos
A Ribeira de Piquín é o único concello da provincia ade Lugo libre de covid, un reduto de natureza e acougo.
O baixo número de positivos que se rexistrou neste concello ao longo da pandemia, e o feito de que agora aquí non haxa oficialmente ningún infectado están convertendo este concello nun destino turístico.
Estes veciños de Xixón viñeron pasar o Nadal a estes apartamentos turísticos de Vilar Pescozo. Pilar, a súa dona, coméntanos as medidas que toman para evitar a propagación do virus no seu negocio
A dispersión e a pouca interacción social axudan a manter este concello libre de covid.
Estes dous motivos trouxeron de volta a José a Navallos.
José é un emigrante retornado e este é o lugar do que marcharon os seus pais para Barcelona.
Agora vive nesta casa que rehabilitou, e cando o vén visitar o seu fillo ten moi claro que a prevención é necesaria mesmo cos da familia
Sen dubida hai boa sorte no feito de que na Ribeira non haxa covid, pero esta circunstancia tamén é froito da responsabilidade social