Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras ás portas do Banco de España para mercar Letras do Tesouro

Ringleiras ás portas do Banco de España para mercar Letras do Tesouro

A baixa rendibilidade que ofrecen os depósitos bancarios está disparando a compra das Letras

G24.gal 02/02/2023 21:11

Estes días estamos vendo longas ringleiras ás portas do Banco de España para mercar letras do Tesouro. A xente acode atraída pola alta rendibilidade. É tanto o éxito que o Banco de España decidiu implantar a cita previa. 

A pesar das baixas temperaturas, ducias de persoas gardaban ringleira a primeira hora da mañá diante do Banco de España en Madrid para mercar Letras do Tesouro.

 "Vin o outro día, e aínda había máis ringleira. Realmente no banco non che dan nada de xuros e aquí danche preto do 3 por cento", di unha das persoas que agarda.

Tamén se poden mercar a través de Internet, pero a elevada demanda colapsou a páxina.

A pesar do incremento dos xuros, os depósitos teñen unha rendibilidade media por debaixo do 1 por cento.

Debido á avalancha de solicitudes, o Banco de España estableceu o sistema de cita previa. Pero non é o único produto que incrementou a súa demanda.

Hai quen opta por investir en ouro, un valor refuxio que incrementou o seu prezo máis dun 5 % dende que comezou o ano.

A incerteza económica dispara a súa demanda e incrementa a súa cotización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar