Boris Johnson retírase da carreira para liderar o Partido Conservador
Boris Johnson retírase da carreira para liderar o Partido Conservador
Despexa asi o camiño o ex ministro de Economía, Rishi Sunak que podería ser nominado primeiro ministro este luns
A poucas horas de que finalice o prazo para presentar candidaturas, o exministro de Economía británico encabeza a carreira para liderar o Partido Conservador e o goberno do Reino Unido.
Rishi Sunak segue sumando apoios dos deputados conservadores, mesmo dos que antes avalaron a Liz Truss, e é o favorito para liderar o partido e o goberno do Reino Unido. Sería o primeiro de orixe hindú.
Sunak anunciou este domingo a súa decisión de presentarse a este proceso de primarias, tras o fracaso das conversas que mantivo nas horas previas con Boris Jonhson para intentar chegar a un acordo e evitar novas rupturas.
O exministro de Economía explicou que a súa intención ao presentarse é que o país supere a profunda crise económica que atravesa e unir o partido. Promete integridade, profesionalidade e render contas.
Outras opcións
E esta mesma noite retirábase da carreira para regresar a Downing Street o exprimeiro ministro Boris Johnson., que lle despexa asi o camiño a Sunak.
Apenas logrou recbar os 110 avais precisos de compañeiros deputados, recapacitou e comrobou que xa non desperatba entre os seus o entusiasmo de hai tres anos polo que deu un paso atrás.
A estas primarias sumouse desde o primeiro momento a exministra de Defensa aínda que só unha vintena de parlamentarios declararon publicamente o seu apoio.
Está previsto que o proceso remate o venres a menos que este luns un único candidato consiga o apoio unánime do partido.