Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban en casas do rural de Ponte Caldelas e Cotobade cando os donos non están

Rouban en casas do rural de Ponte Caldelas e Cotobade cando os donos non están

Levan xoias e efectivo que localizan en pouco tempo

Investigan seis roubos e pensan que se pode tratar da mesma banda 

A casa está preto de Ponte Caldelas, pero nunha zona rural
G24.gal 16/11/2022 13:22

Xa caía a noite. Sobre as sete e media ou oito, un ou varios individuos entraron pola parte de atrás dunha casa de Caldelas de Arriba. Non había ninguén nese momento. Os asaltantes entraron, forzando unha fiestra da planta baixa, remexérono todo e levaron un bo botín. Fixéronse con xoias por valor de varios miles de euros.

Os donos saíran a facer uns mandados e foi nese momento no que aproveitaron para entrar ademais xa tramitaron a pertinente denuncia. Sospeitan que os estaban asexando. A véspera acudira a aldea unha persoa de dicía vender alarmas. Estivo a mesma hora do roubo. 

Acudiron ao Concello. A través das redes sociais, o mandatario caldelán lanzou unha alerta para que a poboación estea precavida. Pídese que se extremen as precaucións e tamén que se se ve algún movemento raro, de coches ou dalgunha persoa, déase parte.

Hai só uns días, saltaba a alarma en Cotobade: os ladróns de aldea estaban a actuar. Tal cal. Polo menos tres individuos segundo unha veciña. En dez días entraron en cinco vivendas de Viascón, Almofrei, San Xusto e Carballedo en busca de diñeiro ou xoias, deixando de lado aveños como televisores ou outros electrodomésticos.

Nalgúns casos non levaron un gran botín, pero metéronlles o medo no corpo a moitos veciños, xa que actuaron a plena luz do día e dando a sensación de que tiñan as casas controladas, porque aproveitaron que os seus donos saíran para acceder ao interior. Desde Viascón, unha das parroquias onde a finais da semana atacaron os ladróns de aldea, ata Caldelas, onde fixeron acto de presenza, non hai máis de vinte quilómetros de distancia. 

A Garda Civil indica que non se descarta que en Ponte Caldelas empezasen a actuar os mesmos individuos de Cotobade. Coincide co xeito de facer de bandas que veñen de fóra. Desembarcan nunha zona, fan un número importante de roubos e marchan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade