Cargando resultados...
Rouban os datos de 1,3 millóns de clientes de Iberdrola nun cibertaque á entidade
Rouban os datos de 1,3 millóns de clientes de Iberdrola nun cibertaque á entidade
A empresa di que non se filtraron nin os datos bancarios nin os de consumo eléctrico
G24.gal
31/03/2022 20:11
Un ciberataque contra Iberdrola deixou á vista os datos persoais de 1,3 millóns de clientes da entidade.
A compañía di que só afecta a información dos datos de contacto e o DNI, pero non a datos bancarios ou de consumo eléctrico.
As autoridades dos Estados Unidos avisaron a empresa do risco dun ataque inminente, polo que Iberdrola xa reforzara a seguridade dos seus sistemas.