Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban por quinta vez nun bar do centro da Pobra do Caramiñal

Rouban por quinta vez nun bar do centro da Pobra do Caramiñal

Os ladróns levaron os cartos das propinas, botellas de alcol e ata os ovos que había na cociña

O dono calcula que o botín anda polos 300 euros e di que o peor é ter que reparar os estragos que causaron ao entrar no local

G24.gal 13/07/2023 14:05

Os autores do roubo intentaron entrar polas ventás superiores do bar a madrugada do mércores, pero non puideron. O dono do local puxo alí un barrote porque os ladróns xa utilizaran este método noutras ocasións. Ao ver que non conseguían acceder así, tomaron outra determinación.

"Foron á terraza, colleron a tapadeira do sumidoiro e con ela romperon a porta e accederon ao local. Colleron algunha botella de alcol, foron á cociña e colleron ovos, había unhas pingas de sangue polo chan, levaron o diñeiro das propinas e pouco máis", conta Javier Sobrido, dono do bar London.

No bar xa botaron cálculos sobre o valor do que levaron. Pensan que o botín ascende a uns 300 euros, aos que hai que sumar os gastos da reparación dos estragos que causaron.

"O que máis valor ten é a porta porque son cristais bastantes caros. A última vez, se non recordo mal, foron sobre 700 euros. Paga o seguro, pero tes que poñer denuncia e andar a voltas".

Desde que abriu as súas portas, hai dez anos, denunciaron cinco roubos no local. A situación foi especialmente dura hai uns anos.

"Un pouco antes da pandemia houbo unha vaga de roubos e a nós tocounos, en dous meses, tres veces. Agora estaba bastante tranquila a cousa, pero ao final acaban entrando. Cando a desesperación chega, teñen que ir a algún sitio para conseguir diñeiro e entran".

As forzas de seguridade investigan agora este último asalto no bar, que conta con alarma e cámaras de seguridade. Grazas a elas puideron ver que hai dúas persoas implicadas no roubo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade