Rueda compromete o apoio da Xunta ao emprendemento no rural
Rueda compromete o apoio da Xunta ao emprendemento no rural
O obxectivo é poñer en contacto empresarios, futuros emprendendores e institucións para impulsar a innovación no rural
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindica o apoio do Goberno galego ao emprendemento no rural para atraer talento e fixar poboación. Na inauguración do I Foro de Emprendemento Rural 2024 que se celebra en Allariz, Rueda explicou as medidas que ten en marcha a Xunta nesta materia, como os polos de emprendemento.
No foro podemos atopar exemplos de xente que apostou por crear o seu negocio no rural e escoitar ata 30 expertos nacionais e internacionais. O obxectivo é poñer en contacto empresarios, futuros emprendedores e institucións para impulsar a innovación no rural.
"Estamos unidos co mesmo fin, que é combater a despoboación e pasar esa páxina e conseguir a repoboación", explicou Pablo Rivas, presidente da Fundación Roberto Rivas, organizadora do evento.
Nese obxectivo, Alfonso Rueda destaca a aposta da Xunta por medidas como a creación dos Polos de Emprendemento, que é unha rede de 15 oficinas para asesorar os emprendedores que viven afastados das cidades.
"O que intentamos é ir buscar o talento onde está e que non se renuncie a emprender onde se vive ou quere vivir", afirmou o presidente.
O mellor proxecto innovador que se presente neste foro terá un premio de 15.000 euros.