Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda e o alcalde de Lugo comprométense a colaborar con lealdade institucional

Rueda e o alcalde de Lugo comprométense a colaborar con lealdade institucional

Miguel Fernández solicita unha reunión para abordar proxectos pendentes como o Museo da Romanización ou o Plan Paradai

O presidente da Xunta promete “boas noticias” para Lugo nas próximas semanas

Rueda e o alcalde de Lugo no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral
G24.gal 16/04/2025 15:52

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresaron este martes a súa vontade de manter unha relación baseada na colaboración e lealdade institucional, durante o primeiro encontro que manteñen desde a chegada de Fernández á alcaldía.

O encontro tivo lugar durante a visita de Rueda ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral, en Lugo. Fernández destacou que esta coincidencia podería marcar o inicio dunha "etapa frutífera" de cooperación entre ambas administracións.

Reivindicacións e proxectos pendentes

O rexedor lucense aproveitou a ocasión para solicitar unha reunión de traballo co presidente da Xunta para abordar cuestións pendentes na cidade. Entre elas citou o Museo da Romanización, o Plan Paradai e as obras no barrio da Tinería, sobre as que o alcalde reivindicou avances urxentes.

Fernández asegurou que o Concello será "firme" nestas reivindicacións, por consideralas "xustas", e tamén apuntou a posibles demandas financeiras, a prol de conseguir "un trato igualitario con respecto doutras cidades galegas".

Compromiso da Xunta

Alfonso Rueda respondeu que recolle "a luva" e comprometeuse a manter o diálogo. Asegurou que "en breve" haberá boas noticias para Lugo e que haberá tempo para falar dos proxectos que preocupan á cidade.

O presidente galego aproveitou para desexarlle a Miguel Fernández "toda a sorte do mundo" nesta nova etapa como alcalde, cargo que asumiu o pasado marzo tras o falecemento da anterior alcaldesa, Paula Alvarellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade