Cargando resultados...
Rueda na casa de España en Río de Xaneiro: "É un segundo fogar para moitos galegos"
Rueda na casa de España en Río de Xaneiro: "É un segundo fogar para moitos galegos"
O presidente da Xunta agradece o seu "compromiso coa preservación das raíces culturais e sociais da comunidade"
G24.gal
23/11/2024 11:52
Última actualización 23/11/2024 12:05
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este venres a Casa de España en Río de Xaneiro, á que definiu como "un segundo fogar para moitos galegos emigrados e descendentes".
Neste sentido, tal e como destacou o Goberno galego nunha nota de prensa, agradeceu o seu "compromiso coa preservación das raíces culturais e sociais da comunidade".
Durante a visita, Rueda fixo entrega de senllas placas conmemorativas tanto á Casa de España como á Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro, en recoñecemento "ao seu incansable labor".