Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda recalca o papel referente de Galicia no turismo termal

Rueda recalca o papel referente de Galicia no turismo termal

O presidente da Xunta cualifica o termalismo como un modelo de turismo seguro

G24.gal 02/09/2022 13:37

O presidente da Xunta Alfonso Rueda asinou esta mañá en Madrid un acordo coa Organización Mundial de Turismo e a Asociación Europea de Cidades Termais para impulsar o turismo termal.

Rueda, que lembrou o papel referente de Galicia no  turismo termal e de saúde, destacou que estes acordos serven para contribuír a que os mananciais sexan unha fonte de riqueza social, sanitaria e económica para xerar benestar a todos os niveis.

O presidente da Xunta cualificou o termalismo como un modelo de turismo seguro e xunto ao Camiño un activo singular da oferta turística de Galicia.

Neste mesmo acto presentouse o Congreso Mundial de Turismo Termal, que se celebrará en Ourense entre o 27 e o 29 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos