Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia anuncia a suspensión da subministración de gas á veciña Letonia

Rusia anuncia a suspensión da subministración de gas á veciña Letonia

O consorcio gasístico ruso Gazprom acusa o país de "violar" as condicións do contrato

G24.gal 30/07/2022 15:07

Moscova anuncia a suspensión da subministración de gas á veciña Letonia. Nun escueto comunicado, o consorcio gasístico ruso Gazprom asegura que corta o aprovisionamento pola "violación das condicións" do contrato.

Letonia e outras dúas repúblicas bálticas, Estonia e Lituania, negáranse a aceptar a esixencia do Kremlin de pagar o gas en rublos. Ademais, a mediados de xullo, o Parlamento letón acordou prohibir totalmente a súa importación a partir do 1 de xaneiro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade