Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia toma un bastión clave en Zaporijia e outras dúas localidades na rexión de Kharkov

Rusia toma un bastión clave en Zaporijia e outras dúas localidades na rexión de Kharkov

Robotine, localidade conquistada polas tropas ucraínas en agosto de 2023, foi un dos principais fitos da ofensiva que Kiev lanzou o ano pasado

 

Os EUA anuncian dous mil millóns de dólares adicionais para frear unha 'situación crítica'

O presidente ucraíno apraza as súas viaxes internacionais tamén a España 

Foto de arquivo dun militar ucraíno en Robotine en setembro de 2023 (Europa Press / Dmytro Smolienko).
G24.gal 15/05/2024 13:16 Última actualización 15/05/2024 20:37

O exército ruso anunciou hoxe a toma dun bastión clave na rexión ucraína sureña de Zaporijia, Robotine, e outras dúas localidades máis na rexión nororiental de Járkov, informou o Ministerio de Defensa de Rusia.

Segundo o último parte de guerra, as unidades da agrupación militar Dniéper "liberaron completamente a localidade de Robotine", na rexión de Zaporijia.

Ademais, engade a nota castrense, as tropas rusas causaron baixas a varias brigadas ucraínas, tanto en Zaporijia, como nas veciñas Khersón e Dnipropetrovsk.

Robotine, localidade conquistada polas tropas ucraínas en agosto de 2023, foi un dos principais fitos da ofensiva que Kiev lanzou en xuño do pasado ano.

O obxectivo desa ofensiva en Zaporijia era cortar as liñas de subministración rusas nesa rexión e, a medio prazo, alcanzar o mar de Azov, pero as tropas ucraínas non lograron nin achegarse a Tokmak, praza forte desde a que martelaran as posicións rusas.

Á súa vez, o Ministerio de Defensa asegurou que a agrupación Séver (Norte) logrou conquistar as localidades de Glubokoye e Lukiantsi.

"E tamén se penetraron nas liñas de defensa do inimigo", precisou.

As tropas rusas tamén rexeitarían os contraataques ucraínos en varias vilas de Kharkov, onde Moscova conquistou nas últimas semanas numerosas aldeas situadas a uns 40-50 quilómetros da capital rexional.

O presidente ucraíno apraza a súa viaxe a España 

O exército ucraíno admite que está retrocedendo ante a nova ofensiva rusa no nordeste do país. Nos últimos dous días, o exército invasor conquistou máis de 150 quilómetros cadrados de territorio e tomou media ducia de localidades.

Os combates máis encarnizados líbranse agora en Vovchansk, a principal cidade desta rexión fronteiriza, especialmente simbólica porque foi o principal éxito da contraofensiva ucraína do pasado verán.

"O inimigo está tomando posicións nas rúas, a situación é extremadamente difícil", admite o xefe da policía local. A artillería tamén está castigando barrios de Kharkiv, a segunda cidade de Ucraína.

"As nosas tropas están mellorando cada día as súas posicións", explicaba un satisfeito Vladimir Putin ante os seus xefes militares e o seu novo ministro de Defensa.

A ofensiva rusa pretende obrigar a Ucraína a sacar tropas do Donbas, aproveitando ademais a súa falta de munición e o cansazo dos seus soldados.

"É unha situación crítica", admitía o secretario de defensa estadounidense.

No seu segundo día en Kíiv, Anthony Blinken anunciaba dous mil millóns de dólares adicionais en axuda militar, que se suman aos 60.000 aprobados polo congreso estadounidense.

As malas novas desde a fronte de guerra obrigaron o presiente ucraíno, Volodimir Zelenski, a cancelar a visita a España deste venres, na que tiña previsto reunirse co rei e co presidente do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade