Cargando resultados...
Saber estar de vacacións: a importancia de desconectar
Saber estar de vacacións: a importancia de desconectar
Esquecerse do traballo e limitar o uso do móbil axuda a que o cerebro consiga o descanso, algo esencial que con frecuencia esquecemos
G24.gal
05/07/2023 16:21
Última actualización 05/07/2023 17:23
Tecnoloxía sen medida, mentes aínda no traballo... Semella que nestes tempos custa máis saber estar plenamente de vacacións e vivir o aquí e agora.
Adoitan insistir por estas datas os psicólogos en que desconectar, descansar o cerebro, é esencial na nosa vida. Vivir o presente. Saber mirar, por uns instantes, máis aló das pantallas.
E outra cuestión é canto tempo precisamos para conseguir desconectar. Días? Semanas?