Sada acolle o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Sada acolle o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Participaron un centenar de embarcacións, mostra da riqueza do noso patrimonio marítimo
As embarcacións tradicionais son un símbolo fermoso da nosa cultura mariñeira, un patrimonio rico e quizais non o suficientemente coñecido que se reivindica en encontros como o que acolleu en Sada.
El Pajarito volveu sucar as augas atlánticas en 2021 despois duns delicados traballos de restauración que levaron meses. É bote polbeiro de 1907 que formou parte da espectacular frota que colocou Sada no centro da cultura marítima galega.
O Encontro de Embarcacións tradicionais de Galicia permitiu admirar a navegación de máis dun centenar de embarcacións, a maioría galegas, como un volanteiro da Garda, pero tamén outras procedentes de Euskadi, Cataluña, Portugal ou Irlanda.
Culturmar organiza esta cita bianual desde 1993, sempre coa ollada no mar, pero programando en terra actividades, mostras e exhibicións que nos conectan coa nosa esencia mariñeira.