Sae máis caro o tren que o avión para ir a Madrid en Semana Santa
Sae máis caro o tren que o avión para ir a Madrid en Semana Santa
De xoves a domingo pode custar o dobre
Viaxar en tren en determinadas datas pode complicarse. Para a próxima Semana Santa aínda quedan billetes para ir a Madrid dende Galicia, pero a prezos máis altos. Agora pode custarnos case o dobre que en avión se o facemos entre Xoves Santo e domingo.
Por exemplo, se se quere saír cara a Madrid a primeira hora do xoves, o traxecto de ida no tren das 9 e vinte da mañá custa como mínimo 104 euros. Para o regreso dende a capital o billete máis barato é de case 70 euros. Polo momento, aínda se poden encontrar ofertas de voos de ida e volta entre Vigo e Madrid por uns 70 euros.
Os usuarios habituais apuntan que é importante comprar os billetes con antelación, xa que pode haber importantes diferenzas no prezo para un mesmo traxecto.