Publicador de contidos
Publicador de contidos

San Tirso, un equipo de traballadores que busca a sorpresa na copa ante o Español

San Tirso, un equipo de traballadores que busca a sorpresa na copa ante o Español

David Lago: "Quen mo ía dicir de pequeno. Poder gozar de Riazor é un soño"

G24.gal 31/10/2024 12:36 Última actualización 31/10/2024 12:45

Principia a xornada. Desde primeira hora David Lago atende as súas obrigas na froitería do supermercado en que traballa. Pola tarde, o central coruñés do San Tirso terá outra ocupación: pelexar coa dianteira do Español, todo un primeira, e en Riazor

"Quen mo ía dicir de pequeno. Poder gozar dese campo é un soño".

Máis ca soño é unha realidade impagable. Aínda que, indo ao práctico, e se lle desen a escoller, non lle importaría que o partido fose no escenario no que o San Tirso acadou o billete para a Copa

"Que non nos metan moitos goles. Queremos demostrar que somos competitivos. E gozar".

Canda eles van gozar os case tres milleiros de persoas que xa sacaron entrada, o triplo da poboación da parroquia de San Tirso de Mabegondo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade