Sánchez anuncia a desgravación dun 15 % no IRPF pola compra de coches eléctricos
Sánchez anuncia a desgravación dun 15 % no IRPF pola compra de coches eléctricos
Aprobarase no Consello de Ministros deste martes dentro do paquete de medidas anticrise
Sánchez pon en valor as medidas aprobadas polo Goberno para paliar a inflación. Di que é consciente das dificultades das familias e anuncia novos incentivos para a transición verde. En concreto, a desgravación dun 15 % no IPRF pola compra de vehículos eléctricos.
En Sumar admiten discrepancias co PSOE na negociación das medidas anticrise. Queren manter o límite da suba dos alugueiros nun 2 % e insisten no bono para os hipotecados pola suba do euríbor usando os propios ingresos das banca.
Unha proposta que non convence o PSOE. Din que os cartos volverán aos bancos.
E o PP presentou o seu programa económico. Prometen reverter o peche das centrais nucleares, un millón máis de afiliados á Seguridade Social e baixar o IRPF ás rendas inferiores a 40.000 euros.
Vox tende a man ao PP para evitar gobernos socialistas onde sexa posible e celebran o cambio de posición da líder popular en Estremadura, que agora si que se abre a negociar con eles. Este martes a presidenta da Asemblea comeza as consultas para propoñer candidato á presidencia da comunidade autónoma.