Sánchez critica as palabras de Aznar sobre Palestina nun acto da campaña electoral vasca
Sánchez critica as palabras de Aznar sobre Palestina nun acto da campaña electoral vasca
O presidente defendeu a solución dos dous Estados e a lei de memoria
Yolanda Díaz anuncia unha lei integral e severa contra a corrupción
O presidente do Goberno criticou este sábado as declaracións de José María Aznar sobre Palestina e insistiu en que España segue defendendo a solución de dous estados. Pedro Sánchez apoiou en Euscadi o candidato socialista a Lehendakari.
Nun acto celebrado en Vitoria-Gasteiz, Pedro Sánchez e Eneko Andueza pediron o voto dos descontentos coa xestión do PNV e dos que non queren aventuras independentistas. O presidente Sánchez criticou a actitude da dereita coa lei de memoria e as declaración do expresidente Aznar sobre Palestina.
"A solución de dous Estados non é un invento do sanchismo son resolucións da ONU. O bó de cando fala Aznar non é que suba o pan é que quitan a careta, con razón di Feijóo que temos a peor dereita dos últimos anos".
Tamén se desprazou á capital alavesa a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo. Yolanda Díaz cre que Euskadi precisa un ciclo político novo. Acusa a PP e PSOE de converter a política nunha lameira e anunciou a presentación no Congreso dunha lei contra a corrupción.
"E quere ver aí a PP e PSOE e ao resto das forzas, botar, deixar as palabras e deixar de converter a política nunha lameira".
En Donostia o candidato de EH Bildu acusou a PNV e PSE de formar un matrimonio de comenencia apoiándonse no PP para seguir no poder. Pello Otxandiano asegura que o 21 de abril comeza un novo ciclo.
"Necesitamos rexenerar a política e acabar con esta inercia".
O líder de Vox responsabilizou a inmigración ilegal descontrolada da deterioración da sanidade pública e da falta de seguridade.