Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Feijóo acordan negociar rápido un acordo para renovar o CXPX e o TC

Sánchez e Feijóo acordan negociar rápido un acordo para renovar o CXPX e o TC

Carlos Lesmes comunica ao rei a súa renuncia coma presidente do TS e do CXPX

Os xuíces progresistas piden a dimisión en bloque do Consello en pleno 

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo reuníronse durante tres horas en Monlcoa (EFE/Sergio Pérez)
G24.gal 10/10/2022 14:42

Carlos Lesmes ameazou e cumpriu. Onte anunciou a súa dimisión coma máximo responsable da xustiza española e este luns comunicoulle formalmente a decisión ao rei.  A súa marcha abre unha crise sen antecedentes na xustiza española. O órgano de Goberno dos xuíces queda descabezado.

A súa saída abre con todo unha vía á esperanza e obriga a reaccionar o PP e o PSOE.  Esa reacción produciuse. Moncloa chamou de inmediato a Feijóo para reunirse con Sánchez. Foron tres horas de xuntanza que abren unha nova etapa nunha negociación na que tamén quere estar Podemos.

O Consello do Poder Xudicial leva case catro anos pendente da súa renovación e en decembro, os vogais cumprirán nove anos no cargo, catro en funcións. Agora todos os ollos vólvense cara a eles. 

O gabinete técnico do Poder Xudicial considera que o substituto de Lesmes debe ser o presidente da Sala do Civil do Supremo, Francisco Marín, pero non está claro. Unha maioría dos vogais non están de acordo con esa solución. 

Os xuíces progresistas reclaman a dimisión en bloque do Consello en pleno. É probable que o resto das asociacións se sumen a esta petición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade