Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez pecha o debate reivindicando conquistas sociais da esquerda

Sánchez pecha o debate reivindicando conquistas sociais da esquerda

O presidente do Goberno destaca a recuperación da normalidade parlamentaria e agradece o traballo dos grupos, en especial do socialista e do de Unidas Podemos

G24.gal 13/07/2022 16:54

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pechou o debate sobre o estado da nación reivindicando as conquistas sociais que logrou a esquerda en beneficio dos españois.

Sánchez tomou por última vez a palabra no debate para, desde o seu escano, resaltar o seu agradecemento aos grupos que durante os dous anos e medio desta "difícil" lexislatura, "botaron unha man ao Goberno para sacar adiante medidas beneficiosas para o conxunto da cidadanía".

De forma especial agradeceu o apoio dos representantes de Unidas Podemos e do PSOE. "Vós e vós", dixo dirixíndose ás bancadas dos dous grupos, "sodes os verdadeiros protagonistas de moitas das conquistas sociais que logramos en beneficio da maioría social".

Sánchez destacou a importancia de que se retomou a normalidade parlamentaria coa celebración deste debate de política xeral que levaba sen facerse sete anos, pero reprochou a algúns grupos que sempre teñan o mesmo discurso contra o Goberno fálese do que se fale.

Aínda así tendeu a man a todos para expresar a súa disposición para asumir as propostas de resolución que como consecuencia deste debate presenten as diversas formacións sempre que sexan "realistas, factibles e ambiciosas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade