Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez responde ás críticas do PP sobre Palestina nun mitin electoral en Donostia

Sánchez responde ás críticas do PP sobre Palestina nun mitin electoral en Donostia

Yolanda Díaz propón en Barakaldo un acordo entre as comunidades para cumprir a lei de vivenda

A campaña electoral vasca chega este sábado ao seu ecuador

Pedro Sánchez co candidato a Lehendakari do PSE, Eneko Andueza
G24.gal 13/04/2024 14:36 Última actualización 13/04/2024 16:46

Os líderes políticos volveron a Euskadi para participar na campaña electoral que chega este sábado ao seu ecuador. No mitin en Donosita, Pedro Sánchez, volveu defender a solución de dous Estados para acabar coa guerra de Gaza e respondeu ás críticas do partido popular.

"Quen representa mellor o goberno de España, os que nos levaron as Azores e nos involucraron nunha guerra ilegal como Iraq, ou os que defendemos a paz e os dereitos humanos en palestina? (...) O recoñecemtno mutuo tanto de israel como de palestina é unha solución de paz e de sentido común porque a comunidade internacional non pdoe axudar a palestina se non reocñece a súa existencia".

A ministra de traballo e líder de Sumar reuniuse en Barakaldo, Biscaia, cos traballadores da empresa Mecaner. Díaz acusou o goberno vasco de deixala caer e de non ocuparse dos problemas que afeCtan aos cidadans como a vivenda.

A líder de Sumar defende un acordo entre as comunidades autónomas para baixar os prezos da vivenda e crear un parque público de vivendas de aluger social.

"Sabemos a quen defendemos, comparade coa vosa terra, que está facendo o goberno de PNV máis PSE?, estan falando destes temas?, esta razón por si soa xa serve para vota a sumar".

Santiago Abascal estivo en Getxo apoiando aos candidatos de Vox e Irene Montero e Ione Belarra participaron  no acto de Elkarrekin Podemos en Donostia.

Bildu, a quen o CIS sitúa por primeira vez por diante do PNV, celebrou un mitin en Tolosa que contou coa presenza de Arnaldo Otegi.

"Aquí en Euskal Herria só hai unha esquerda que suma e só hai unha esquerda que pode e chámase Eukal Herria Bildu".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade