Os gandeiros din que as sancións á industria leiteira non resarce os produtores
Os gandeiros din que as sancións á industria leiteira non resarce os produtores
Agromuralla, a organización que presentou a denuncia que provocou a sanción a Lactalis, Leite Rio e Celega, cre que "calquera gandeiro perdeu máis" do que lle suporá a multa ás empresas
O Grupo Lence nega incumprimentos e alega que lle sancionan por non entregar documentación en prazo
O Grupo Lence, unha das tres industrias que serán sancionadas por irregularidades nos contratos de recollida de leite, nega incumprimentos e aclara que se debe a que non entregou en prazo a documentación que lle requiriron.
A sanción parte dunha denuncia presentada por Agromuralla. O colectivo gandeiro agarda que a sentenza da Axencia de Control Alimentario sirva para evitar novos incumprimentos das cláusulas dos custos de produción ou dos prezos do leite. Malia todo, din que non é suficiente.
"No mellor dos casos vai ser unha sanción de 3.000 euros. Calquera gandeiro perdeu máis deses 3.000 euros polo incumprimento do contrato", di Roberto López, de Agromuralla.
"Non só nos gustaría que se sancionase á industria, que a nós iso danos igual. Nós o que queremos é que se resarza aos gandeiros do diñeiro que deixaron de percibir", conclúen desde esta asociación de produtores de leite.