Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade confirma o segundo falecemento por varíola do mono

Sanidade confirma o segundo falecemento por varíola do mono

G24.gal 30/07/2022 12:59 Última actualización 30/07/2022 20:31

O Ministerio de Sanidade comunicou este sábado a segunda morte en España por varíola do mono. A enfermidade suma 4.298 casos confirmados no país, 37 deles en Galicia.

O primeiro caso mortal coñecíase este venres e foi localizado na Comunidade Valenciana. Polo momento, non transcendeu a localización da segunda vítima.

O primeiro falecemento produciuse por encefalite asociada á infección e analízase o caso para determinar a confirmación definitiva da causa do falecemento.

En Córdoba faleceu un home de 31 anos que, á espera da confirmación polo Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III, puido sufrir unha meningoencefalite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos