Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confirmado en Galicia un caso de salmonela asociado ao consumo de ovos Kinder

Confirmado en Galicia un caso de salmonela asociado ao consumo de ovos Kinder

Trátase dunha persoa adulta da área sanitaria de Lugo

Analízanse outros dous posibles casos na comunidade

G24.gal 23/04/2022 12:09 Última actualización 19:00

A Consellería de Sanidade confirmou o primeiro caso de salmonela en Galicia asociado ao consumo dunha determinada partida de ovos de chocolate da marca Kinder. Segundo informa nun comunicado, trátase dunha persoa adulta da provincia de Lugo.

Ademais, na comunidade detectáronse outros dous posibles casos, pendentes de confirmación: un na área sanitaria de Lugo, un menor que estivo hospitalizado, e outro na área da Coruña.

No conxunto de España hai unha quincena de persoas en estudo que poderían padecer a enfermidade. As autoridades sanitarias están a realizar investigacións adicionais. 

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición comunicara unha alerta sobre a asociación da salmonelose cunha partida de ovos de chocolate fabricado en Bélxica e distribuído en diferentes países. Os lotes xa están retirados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos