Investigan unha posible intoxicación alimentaria nun colexio de Cedeira
Investigan unha posible intoxicación alimentaria nun colexio de Cedeira
Inspectores de Sanidade xa estiveron recollendo mostras no comedor do colexio Nicolás del Río
Algúns dos menores tiveron que ser derivados ao hospital Arquitecto Marcide aínda que ningún deles tivo que ser ingresado
Sanidade está a investigar se o cadro médico que afectou preto dunha vintena de alumnos e profesores dun colexio de Cedeira, ten relación cunha intoxicación alimentaria. Inspectores de Sanidade xa estiveron recollendo mostras no comedor do colexio Nicolás del Río, onde coincidiron boa parte dos afectados, pero aínda non se coñecen os resultados.
Algúns dos menores tiveron que ser derivados ao hospital Arquitecto Marcide con vómitos, febre e diarrea, aínda que ningún deles tivo que ser ingresado
"Tanto o luns coma onte mesmo estiveron alí os nosos técnicos. Estamos facendo os últimos estudos nas vindeiras horas, días, teremos o diagnóstico definitivo", dixo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.