Sanidade pídelles ás autonomías que sexan consecuentes co plan antitabaco "máis aló da crispación"
Sanidade pídelles ás autonomías que sexan consecuentes co plan antitabaco "máis aló da crispación"
O 5 de abril Sanidade concretará coas CC. AA. os detalles do plan antitabaco
As medidas contra o tabaco buscan "desnormalizar" o consumo
Galicia xa aplica algunhas das restricións que se estenderán a toda España
Está sobre a mesa a prohibición de fumar nas terrazas dos locais de hostalería
Unhas cincocentas persoas, non fumadoras, morren cada ano en España pola exposición ao fume do tabaco. Un de cada catro menores recoñece que fumou cigarros electrónicos algunha vez. O 5 de abril, Sanidade concretará coas comunidades autónomas as medidas a implementar para reducir o consumo de tabaco. Algunhas autonomías, como Galicia, xa teñen implementadas medidas que se queren levar a cabo en toda España.
O obxectivo é desnormalizar o uso do tabaco, reducir o número de fumadores, evitar novos consumidores e protexer os fumadores pasivos, involuntarios. A vista está posta, sobre todo, nos máis novos. O plan antitabaco irá implementando medidas durante os próximos tres anos.
Nas terrazas da hostalaría de toda España podería prohibirse fumar e vapear.
Tamén se valora prohibir o tabaco en espazos onde haxa menores e nas contornas dos colexios, hospitais e parques infantís.