Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade crea a liña 024 de atención á conduta suicida

Sanidade crea a liña 024 de atención á conduta suicida

Once persoas suicídanse cada día en España

A liña 024, que hoxe presenta Sanidade, será gratuíta, anónima e confidencial

G24.gal 09/05/2022 08:10 Última actualización 09/05/2022 09:19

Sanidade presenta o 024, unha liña de teléfono de atención á conduta suicida. Ao outro lado estará un grupo de psicólogos e especialistas de Cruz Vermella.

A iniciativa comenzará a funcionar nas próximas datas e asegúrase a súa "confidencialidade, accesibilidade e inmediatez na resposta". Esta liña ponse en marcha tras as peticións e iniciativas de asociacións, colectivos e partidos políticos para mellorar a estratexia de atención á saúde mental en España, unha necesidade de mellora aplaudida, entre outros motivos, polos efectos negativos da pandemia nos cidadáns estes anos.

Este teléfono será gratuíto, anónimo e confidencial. Así o manifestou a Dirección Xeral de Saúde Pública nunha resolución publicada o pasado 10 de febreiro.

Nos últimos anos, publicáronse varios estudos de fundacións e asociacións sobre a conduta suicida, como puxo de manifesto a Fundación de Axuda a Nenos e Nenas e Adolescentes en Risco, que alertou hai meses de que as chamadas ao seu teléfono de prevención para a conduta suicida  se multiplicaron case por 20 na última década e as relacionadas con autolesións case por 56.

Así mesmo, un panel de expertos evidenciou en abril no Senado que once persoas se suicidan cada día en España e 220 téntano. Apuntaron tamén que a curva de suicidio non consegue dobregarse e segue á alza cunhas cifras dramáticas: case 4.000 falecementos en 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos