O Camiño bate en oito meses a marca de peregrinos do Xacobeo 2010
O Camiño bate en oito meses a marca de peregrinos do Xacobeo 2010
A ruta francesa segue sendo a máis transitada, aínda que a portuguesa ou a inglesa ven pasar cada día máis romeiros
En total 281.432 peregrinos fixeron o Camiño de Santiago neste 2022. Superan en 10.000 a marca que se bateu a finais do anterior Xacobeo, o de 2010.
Hai que matizar que neste caso non son cifras de turistas, senón de camiñantes: dos que chegan a Santiago despois de facer polo menos 100 quilómetros a pé ou dacabalo ou 200 en bici por unha das rutas xacobeas e, polo tanto, teñen dereito a presentar as súas credenciais seladas e que se lles entregue a compostela.
"Levamos 280.000 peregrinos e imos superar a marca de 2019 seguro", explica César Rúa desde a Oficina do Peregrino.
Os números demostran tamén que camiños como o Inglés ou o Portugués comezan a ter cada vez máis tránsito, aínda que o Francés segue levando a palma.