Cargando resultados...
Santiago serve de escenario para a película 'Honeymoon'
Santiago serve de escenario para a película 'Honeymoon'
O filme, no que participa a Televisión de Galicia, xira arredor dun matrimonio en destrución tras a morte dun fillo
G24.gal
03/06/2022 21:43
Nunha gasolineira de Santiago atopamos o escenario para o último filme dirixido por Enrique Otero, Honeymoon, que conta con Javier Gutiérrez e Nathalie Poza como protagonistas.
A rodaxe arrancou a finais de abril en Santiago e finalizará en xuño en Valladolid. A historia xira en torno a un matrimonio en destrución, tras a morte do seu fillo durante unha viaxe aos Estados Unidos. Un filme en que participa tamén esta casa, a Televisión de Galicia.