Santomé rescata un punto para o Rácing Vilalbés (0-0)
Santomé rescata un punto para o Rácing Vilalbés (0-0)
Os visitantes tiveron ocasións suficientes para levar o partido pero non acertaron
O Vilalbés volvía á Magdalena para recibir a Arandina e poder afastarse dos postos perigosos da táboa.
Na primeira metade, os de Simón Lamas non gozaron de oportunidades pero tampocuco concederon en exceso. Salvo lanzamentos afastados, os sen perigo. Non foi ata chegada a media hora de encontro que se animou o encontro. Ambos equipos deron un paso adiante, primeiro a Arandina grazas ao disparo de Ayoub desde a frontal ao que Santomé respondeu ben. Na contra chegou a ocasión máis clara do encontro. Carreira pola banda de Torrado, quen puxo un balón por diante dos defensas encontrando a Álex Pérez. O disparo, con todo a pracer, do dianteiro foi defectuoso e marchou fóra. Torrado activouse no carril dereito e dispuxo dun disparo que se foi moi cruzado. Sucedíanse as oportunidades, a fase defensiva perdera importancia e ambos conxuntos deron un paso adiante nos minutos finais. Lanzou Adri Pérez desde a frontal da área, pero de novo Santomé voou para negarlle o gol.
A segunda metade comezou sendo un exercicio de resistencia no cadro de Simón Lamas. O gardameta, Santomé, foi salvador para os seus. Tras unha perda en campo contrario do Vilalbés, transicionou a Arandina, carreira polo carril esquerdo, pero o centro paseou pola área pequena local, xa que Adri Pérez non foi quen de chegar a esa pelota. O propio Adri Pérez, uns segundo máis tarde, probou sorte buscando o pau longo pero non lle colleu a rosca suficiente o disparo. Estaba a pasalo mal o Vilabés. Nunha xogada embarullada no área Haji probou, pero o disparo e acabou pedindo man de Jose Varela, o colexiado non viu nada punible. Santomé acabou apañando balón e acabando co perigo. Non soubo aproveitar o seu momento o equipo visitante e deu un paso adiante o local. Álex Pérez volveu a probar sorte pero o seu lanzamento non foi o máis acertado e marchou fóra. Nos intres finais, Santomé volveu a ser salvador. O xogador máis activo do Arandina, Adri Pérez, probou o disparo afastado e potente que obrigou ao porteiro a esmerarse e mandar o balón a córner. Santa volveu a intentar poñer o gol para os visitantes. Unha xogada nun recuncho da área con varios toques de calcaño acabou co disparo de Sanat que, como non, estragou Santomé. Os visitantes seguían a portería local pero a falta de acerto fixo que o empate inicial se mantivese durante todo o partido.