Segredo de sumario no caso das nenas asasinadas en Cuenca presuntamente pola nai
Segredo de sumario no caso das nenas asasinadas en Cuenca presuntamente pola nai
A muller, axente da Garda Civil de 42 anos, suicidouse posteriormente
Non constan antecedentes por problemas psicolóxicos
As pequenas tiñan 9 e 11 anos
O minuto de silencio ante a casa do concello conquense de Quintanar del Rey transmite a conmoción xeral na vila, de apenas sete mil habitantes, onde naceu o pai das nenas asasinadas, de 9 e 11 anos.
Desde 2009 a familia residía na casa cuartel, onde a nai, natural de Alxeciras, era Garda Civil.
Francisco, tío do pai das nenas, non podía conter a emoción ao lembrar as nenas, ás que cualificou de anxos.
Paola de 42 anos e Santiago de 47 levaban case dous anos separados, pero mantiñan, segundo os achegados, unha relación fluída.
Tampouco constan antecedentes de problemas psicolóxicos, segundo confirman os familiares que seguen sen crer o sucedido.
A autopsia fará avanzar a investigación. Todo indica que a muller disparou contra as fillas cunha arma de fogo e logo pegouse un tiro mortal.
Os compañeiros de servizo encontraron os cadáveres sobre as sete da mañá ao decatarse da ausencia da axente no traballo.
Martín Cebrián, alcalde de Quintanar del Rey, agradeceu o servizo psicolóxico que recibiron no colexio os compañeiros das nenas e anunciou tres días de loito oficial.