Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a busca de persoas desaparecidas nas zonas afectadas pola DINA

Segue a busca de persoas desaparecidas nas zonas afectadas pola DINA

Unha muller foi rescatada con vida do interior do seu coche, onde quedara atrapada 

Os servizos de emerxencia buscan sen descanso, sobre todo, en garaxes e túneles

G24.gal 02/11/2024 21:30 Última actualización 02/11/2024 23:04

Neste  túnel que une as localidades de Alfafar e Benetússer, bombeiros e gardas civís traballaron, coa axuda do tractor dun veciño, máis de 24 horas de forma continuada para lograr retirar as decenas de coches atrapados. Milagrosamente, non atoparon vítimas.

Moitos estacionamentos están aínda soterrados baixo  a auga, só accesibles para os mergulladores da Garda Civil. Nun aparcadoiro, en Paiporta localizaban unha persoa falecida.  E en Aldaia tamén recuperaban outro corpo, nas últimas horas.

Nesta mesma localidade preocupa o número de persoas desaparecidas que poidan encontrar nun centro comercial. Traballadores das tendas contan como os sorprendou a DINA.

"En dez minutos, inundouse todo".

"Eu sentín medo".

"Daba a sensación de que como esvararas, levábate a corrente e non te encontraba ninguén".

Entre tanta desgraza, o rescate con vida dunha muller en Benetússer, na noite do venres, daba esperanza aos servizos de emerxencias. 

"Despois de tres días, encontramos unha persoa dentro dun coche", conta o responsable do rescate diante dos 400 voluntarios de Protección Civil concentrados no pavillón de Moncada.

"Desde hoxe á primeira hora, estivemos traballando nunha das localidades máis afectadas do sur de Valencia, en Algemesí", explica unha militar.

A Unidade Militar de Emerxencias coordina a despregadura de máis de 2.500 militares. Nos próximos días uniranse outros 5.000 efectivos.

"Isto é catastrófico, e como estamos dicindo en todos os lados, o pobo axuda o pobo", di unha moza.

Son a outra cara da catástrofe, a marea de voluntarios que buscan o xeito de axudar. Mentres, os corpos das vítimas aos que se lles practicou a autopsia e foron identificados, foron trasladados á Feira de Valencia onde se habilitou un pavillón como depósito de cadáveres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade