Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seguen as obras na nacional VI en Perillo: dous días para asfaltar parte da vía

Seguen as obras na nacional VI en Perillo: dous días para asfaltar parte da vía

As obras de asfaltado durarán dous días. Esa é a previsión.

Os traballos levan en marcha máis de tres anos. Os comercientes din que as obras dificultan que cheguen os clientes aos establecementos.

O asfaltado dificultará o acceso a varios garaxes durante unhas horas

G24.gal 01/02/2024 14:12

Seguen as obras na estrada nacional VI en Perillo, Oleiros. Durante dous días vanse facer traballos de asfaltado da parte superior da vía, a que discorre sobre o novo túnel que está aberto desde decembro do ano pasado.

As obras dificultarán, temporalmente, as entradas e saídas dalgúns garaxes. A previsión é que esta fase da remodelación estea rematada antes da fin de semana.

En Perillo, as obras da nacional VI chegan ata a cociña, metaforicamente, dun establecemento, de deseño de cociñas que está situado na zona da rotonda principal da estrada.

As obras chegan á tenda, pero non tanto aos clientes, Alba, unha traballadora do establecemento, asegura que, desde que empezaron a remodelación da estrada, hai máis de mil días, o complicado dos accesos está facendo que, nesta tenda e nas da contorna, baixe o número de clientes.

O asfaltado desta parte da vía levará non máis de dous días, esa é a previsión. Contamos máis dunha vintena de operarios traballando. A remodelación desta parte da nacional VI era algo moi demandado polos veciños.  

O asfaltado da zona da glorieta principal dificultará o acceso a varios garaxes durante as vindeiras horas, pero a maioría dos coches circulan xa polo túnel que quedou aberto a finais do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade