Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seguen controlando o incendio que queimou dúas naves en Bergondo

Seguen controlando o incendio que queimou dúas naves en Bergondo

Seguen aparecendo pequenos focos con lapas

A Garda Civil xa abriu unha investigación

G24.gal 18/07/2022 14:53

Os bombeiros de Betanzos seguen arrefriando os focos que aínda agora, case dous días despois, seguen aparecendo nas instalacións da firma de cosméticos Anfer.

Polo momento, descoñécense as causas do incendio que se orixinou contra as 19.30 da tarde deste sábado. Daquela, os empresarios máis próximos á nave incendiada eran alertados polo servizo de vixilancia do polígono.

Dúas horas tardaron os equipos de extinción en controlar as lapas e case oito en sufocalas. Finalmente, o lume calcinou dúas naves da mesma empresa e causou danos noutras dúas lindeiras.

A Garda Civil xa realizou un informe preliminar para poder abrir unha investigación porque a delicada situación de boa parte da nave, con colapso de estrutura e cuberta, non lles permitirá adentrarse, por seguridade, ata este xoves ou venres para recabar máis información e poder esclarecer que pasou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade