Seis de cada dez persoas coidadoras de doentes con alzhéimer toman medicación
Seis de cada dez persoas coidadoras de doentes con alzhéimer toman medicación
O 10 % dos novos pacientes con alzhéimer ou algún outro tipo de demencia teñen menos de 60 anos
Seis de cada dez persoas coidadoras de pacientes con alzhéimer toman medicamentos ou reciben algún tratamento de fisioterapia, como consecuencia directa das tarefas de atención ao enfermo.
As persoas con demencia e as súas coidadoras toman a palabra esta fin de semana nas xornadas interdisciplinares que a federación galega desta doenza celebra en Santiago.
O 10 % dos novos pacientes con alzhéimer ou algún outro tipo de demencia teñen menos de 60 anos. É o caso de Javier Sáenz.
"O máis duro é o shock ao principio porque non esperas que con 57 anos que eu tiña ía ter unha demencia pero... (...) A vida é para loitar, para vivir, e unha vez que o asumes... Que custa, claro que custa, nun ano non o fas".
Co diagnostico chegou a xubilación e cinco anos despois Javier, axuda a outros pacientes desde distintos colectivos. Este sábado participa nas xornadas formativas da Federación Alzhéimer Galicia, xunto a súa muller e coidadora.
No encontro a conselleira de Política Social, Fabiola García, lembrou que dende esta semana as familias poden solicitar axudas de 1.500 euros para estadías temporais en residencias ou de 1.000 euros para contratar a atención dun coidador no domicilio.
Os expertos insisten en que canto máis se afine nun diagnóstico temperán da demencia,
máis posibilidades hai de atrasar unha deterioración cognitiva maior.