Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis persoas feridas, tres delas graves, ao perder o control un taxi en Nova York

Seis persoas feridas, tres delas graves, ao perder o control un taxi en Nova York

Os oficiais de policía manifestaron que o choque ao parecer foi un accidente e non sospeitan dun acto criminal, pero salientaron que a investigación aínda estaba en curso

G24.gal 21/06/2022 08:26

As autoridades de Nova York informaron dun accidente no centro de Manhattan. Un taxi atropelou seis persoas. O condutor quixo virar á esquerda cando levou por diante un ciclista.

Despois perdeu o control do vehículo, subiu pola beirarrúa e acabou batendo nun edificio. Máis de 15 persoas axudaron a levantar o automóbil para sacar dúas mulleres que quedaran atrapadas debaixo do coche. Tres dos feridos atópanse en estado crítico no hospital. 

Os oficiais de policía manifestaron que o choque ao parecer foi un accidente e non sospeitan dun acto criminal, pero salientaron que a investigación aínda estaba en curso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade