Publicador de contidos
Publicador de contidos

Semana Santa de Ferrol versus Semana Santa de Sevilla: cal é a mellor?

Semana Santa de Ferrol versus Semana Santa de Sevilla: cal é a mellor?

Unha listaxe da revista británica National Geographic colocou a galega en primeiro lugar por riba da andaluza

Traslado da Virxe das Dores a cargo da confraría do seu mesmo nome polas rúas de Ferrol
G24.gal 22/03/2024 21:01 Última actualización 22/03/2024 21:47

Con 400 anos de historia e declarada de Interese Internacional, Ferrol vai comezar a súa Semana Santa con sorpresa e indisimulada fachenda. A prestixiosa revista británica National Geographic colocouna por riba, nada menos, da de Sevilla. Os andaluces están ofendidos e os ferroláns, encantados. Din que a ferrolá ten un engado especial e maneiras distintas. En definitiva, que non se poden comparar aínda que as dúas son preciosas.

Nas dúas, a incorporación das novas xeracións nas confrarías garante a continuidade de actos como o traslado esta tarde dos sagrados titulares a cargo da das Dores, que supera xa o millar de confrades cun cento de altas novas este ano, moitas por tradición familiar.

Para a maioría o importante é desfrutar da Semana Santa, sexa como confrade ou como turista. Cadaquén ao seu xeito porque, aseguran, vivila é un sentimento tanto en Ferrol como en Sevilla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade