Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sensación agridoce nas familias dos tres sobreviventes do naufraxio

Sensación agridoce nas familias dos tres sobreviventes do naufraxio

O terceiro supervivente é un mozo natural de Ghana e veciño de Marín

Era a primeira marea do mariñeiro desaparecido natural de Moaña

A nai e a moza de Eduardo Rial, un dos sobreviventes, aínda non puideron falar con el
G24.gal 16/02/2022 16:47

Este mércores coñeciamos a identidade do terceiro sobrevivente do naufraxio do Villa de Pitanxo, un mozo natural de Ghana, residente en Marín, que foi rescatado polo Playa Menduíña Dos. Ao igual que os outros dous tripulantes rescatados con vida e que residen en Cangas, onde hai unha sensación agridoce.

"Dixéronme que naufragara o barco en que estaba o meu fillo e eu díxenlle que non podía ser... Isto é moi doloroso", di Gloria Padín, nai dun dos sobreviventes.

Non houbo descanso nesta familia dende que souberon o do naufraxio. Viven pendentes do teléfono. Polo momento non volveron falar con eles.

"Imaxino que o estarán atendendo os médicos e non poderá chamar", afirma Sara Prieto, noiva dun dos sobreviventes. No mesmo sentido fala a nai, Gloria Padín: "non falei con ninguén só sei que están ben".

 Saben que están vivos, e iso polo de agora reconfórtaas.

"Din que puido ser un golpe de mar, pero nada máis. Agardamos que estean ben e que volvan pronto. Mandoume unha mensaxe (antes do naufraxio) que ía traballar e que había moi mal tempo", asegura Sara Prieto, moza dun dos sobreviventes.

Nunca imaxinou que ese mal tempo se cebara cunha experimentada tripulación. Viviron unha das peores traxedias marítimas dos últimos corenta anos.

"Estou tranquila porque o teño vivo, grazas a Deus, pero moi triste porque son moitos os compañeiros que non van dicir o mesmo", di Gloria Padín, nai dun dos sobreviventes.

Amosan ledicia ao coñecer a identidade do outro sobrevivente, Samuel, natural de Ghana e aficando no concello veciño de Marín. Os tres tripulantes foron rescatados polo Playa Menduíña Dos'.  

Mentres,  as bandeiras ondean a media hasta en Cangas pola traxedia que deixa demasiados mortos. "Con tristura. Hai que pensar nesas familias que están agardando ter unhas mínimas noticias", di a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas.

Nesta comarca seguen moi pendentes das novidades, hai familias rotas pola morte dos seus seres queridos, outras desconsoladas por non saber

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade