Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sergio Vallejo prepara o Dakar en Marrocos coa axuda do seu irmán Diego

Sergio Vallejo prepara o Dakar en Marrocos coa axuda do seu irmán Diego

Sergio Vallejo recoñece o terreo antes da súa estrea no raid xunto a Mario Tomé

Nos adestramentos en Marrocos conta coa axuda do seu irmán, Diego Vallejo

G24.gal 10/12/2022 11:59 Última actualización 14/12/2022 13:56

O piloto Sergio Vallejo xa prepara en Marrocos o seu desembarco no Dakar, que se vai producir o 31 de decembro vindeiro en Arabia Saudita. Cunha dilatada experiencia no mundo dos rallys, para o piloto será a estrea no raid máis esixente do mundo, e non quere deixar ningún detalle ao azar.

Así que, canda o que vai ser o seu copiloto, Mario Tomé, está a tomar contacto coas dunhas marroquís, e conta co asesoramento nada menos que do seu irmán. Diego Vallejo, que xa ten 6 participacións no Dakar ás costas, está axudando ao novo equipo a acoplarse. 

Nestas imaxes que nos fixeron chegar, enfróntanse sobre todo ás dunas. Despois, Sergio Vallejo amosábase satisfeito coa toma de contacto. Indica que "cun profesor de luxo, como Diego, atópome cada vez máis cómodo. Pouco a pouco".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos