Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez recalca que se afanan en corrixir a "equivocación" da lei do 'só si é si'

Sánchez recalca que se afanan en corrixir a "equivocación" da lei do 'só si é si'

O presidente do Goberno non responde á oferta do PP para reformar o vindeiro 23 de febreiro esta normativa

Igualdade pide un acordo co PSOE antes de debater a reforma da lei do 'só si é si'

G24.gal 15/02/2023 08:56 Última actualización 15/02/2023 12:25

.A falta de acordo entre os socios da coalición para modificar a lei integral da liberdade sexual volve protagonizar a sesión de control. A voceira do PP, Cuca Gamarra, reprochoulle ao Executivo a súa "parsimonia" para acometer a reforma e acusou a Sánchez de "agocharse" tras os seus ministros.

Pedro Sánchez defendeu no Congreso que se afanan en resolver a "equivocación" da lei do 'só si é si', ao tempo que deixa sen resposta a oferta do PP para reformar o vindeiro 23 de febreiro esta normativa.

"Eliminar o delito de sedición e abaratar a malversación saíulle fatal. Non nos homologa a ningún país europeo, desprotexe o Estado como sentenciou o Supremo e nin contentou os seus socios independentistas. E por riba onte produciuse a rebaixa da pena a un delincuente sexual pola aplicación da súa 'lei do si é si', unha chapuza que desprotexe os menores e as mulleres", dixo Cuca Gamarra desde o hemiciclo.

"Pregúntame o mesmo que a semana pasada e aquí estou dando la cara. Nosotros sabemos a quen defendemos, á maioría social deste pais. Onte mesmo subimos o salario mínimo interprofesional, e vostedes que fixeron? contestoulle Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

"En decembro, mentres xa se acumulaban as rebaixas aos delincuentes, vostede estaba a outra cousa, a eliminar o delito da sedición para os seus amigos independentistas. Tardó menos de cinco semanas, pero é que xa leva catro meses perdidos coa lei do só si es si. Vostede ven aquí os mércores só para atacar o PP e desbota as mans tendidas para amañar os problemas que ocasiona. Se vostede quere, o vindeiro xoves traemos aquí a súa rectificación" argumentou Cuca Gamarra.

"Este goberno goberna para todos e non só para as élites como fan vostedes. Nós aprobamos a lei de igualdade salarial e votaron en contra, tamén votaron en contra da revalorización das pensións conforme ao IPC, votaron en contra do imposto ás enerxéticas e grandes fortunas. Este goberno reforzou o Sistema Nacional de Saúde, mil millóns de euros para Atención Primaria en 2022 e 2023. O que fan vostedes é recurtar e derivar á sanidade privada aos pacientes nos territorios onde gobernan, e mesmo insultan á cara os profesionais sanitarios que se manifestaron o pasado domingo por Madrid" respondeulle Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade