Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sesión de control ao Goberno no Senado marcada polas acusacións de corrupción

Sesión de control ao Goberno no Senado marcada polas acusacións de corrupción

A corrupción, con acusacións mutuas entre populares e socialistas, volveu monopolizar o debate

G24.gal 09/04/2024 19:03 Última actualización 09/04/2024 20:32

A sesión de control ao Goberno no Senado volveu discorrer polos mesmos camiños das últimas semanas. A corrupción, con acusacións mutuas entre populares e socialistas, volveu monopolizar o debate. Aínda que tamén houbo tempo para un cruce de declaracións entre socialistas e independentistas a conta do referendo.

O Partido Popular volveulle pedir a Pedro Sánchez que dea explicacións polo caso Koldo. O nome de Begoña Gómez aínda ía aparecer unha segunda vez nunha curiosa explicación dende a bancada popular sobre a que denominan trama sanchista.

Da corrupción pasouse ao tema de Cataluña con aviso de Esquerra ao Goberno central. Nostálxicos de fórmulas divisivas, rematou Bolaños, que non levaron nin levan a ningunha parte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade