Rueda admite que este verán haberá momentos de tensión en atención primaria
Rueda admite que este verán haberá momentos de tensión en atención primaria
Rueda destacou que a Xunta xa traballa para paliar os efectos na medida do posible e preparou plans de continxencia "específicos" para cada área sanitaria
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admitiu este mércores que, "por suposto", durante a tempada estival "virán momentos de tensión" na atención primaria.
"Agora que ven o verán virán momentos de tensión, por suposto", sinalou Rueda durante a sesión de control no Parlamento galego.
Segundo o presidente da Xunta, o problema en atención primaria é "endémico e non só de agora, senón de antes, e no só de aquí, senón doutros territorios", aínda que a Xunta xa traballa para paliar os efectos na medida do posible e preparou plans de continxencia "específicos" para cada área sanitaria.
Fronte ás críticas do PSdeG e do BNG polo colapso sanitario, sobre todo, en atención primaria, Rueda reiterou que ·como todos os veráns, será unha época complicada", pero no Sergas están "preparados" aínda que "non axuda a visión catastrofista e ese exercicio de amnesia" que exercen os grupos da oposición.