Publicador de contidos
Publicador de contidos

A enerxía eólica e a atención aos pensionistas centran a sesión de control

A enerxía eólica e a atención aos pensionistas centran a sesión de control

Pontón pide crear unha empresa enerxética pública, e o presidente da Xunta di que as súas propostas non son realistas

Rueda e PSdeG repróchanse acordarse dos maiores só para as eleccións

G24.gal 12/04/2023 08:07

Ana Pontón, voceira do BNG, acusou o Goberno da Xunta de estar ao servizo das multinacionais durante a sesión de control da cámara galega, na que a dirixente nacionalista lle reprochou a Rueda que se está espoliando a riqueza galega.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o seu Goberno seguirá "loitando con rigor" para que Galicia aproveite as "oportunidades" que se abren en materia eólica e mostrou o seu rexeitamento ao "populismo enerxético" do BNG.

Propostas enerxéticas para Galicia

Pontón propuxo na cámara varias solucións para evitar o que os nacionalistas consideran "espolio", entre as que numerou está a creación dunha empresa pública enerxética cen por cento galega.

A Xunta traballa para aproveitar o potencial enerxético galego

Na súa intervención, o titular da Xunta puxo de relevo o "inmenso potencial enerxético" de Galicia. "Vou traballar para que o aproveitemos, queremos ser protagonistas de todo iso, non queremos que outras comunidades autónomas aproveiten o que Galicia deixaría pasar", sostivo o presidente autonómico, que incidiu en que traballará para que o desenvolvemento das renovables "sexa unha realidade".
 

O PSdeG afirma que se privatizaron as residencias para maiores

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o voceiro parlamentaria do PSdeG, Luís Álvarez, acusáronse mutuamente de acordarse das persoas maiores e os seus dereitos e necesidades só en período electoral, neste caso o das próximas eleccións municipais.

Os socialistas galegos din que hai un déficit de prazas de residencias para 14.000 maiores. Afirman que a política da Xunta neste eido é cero. 

O Goberno galego aumentou o gasto en atención aos maiores e dependentes

Rueda afirmou que a Xunta incrementou o orzamento para a atención aos maiores un 6 %, ata os 460 millóns de euros, e que aumentaron as prazas en residencias para maiores en 75.000 dende 2009.

A reforma das pensións como arma do debate

Álvarez reprochoulle ao PP, que se posicionara en contra da reforma das pensións feita polo Goberno central. Tamen afirmou que a Xunta non executou todo o orzamento destinado a persoas maiores e dependentes.

Madrid está a deber 518 millóns para a dependencia

O presidente da Xunta debullou datos en que se reafirmou na súa política para os maiores e dependentes. Asegurou que o 97 % deles, en Galicia, está cobrando unha prestación, e que o Goberno de Madrid ten unha débeba con Galicia de 518 millóns de euros para prestacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade