Sete detidos na décimo cuarta noite de protestas en Ferraz

A concentración foi secundada por 4.000 persoas

Concentración contra a amnistía en Ferraz (EFE/Rodrigo Jiménez) Concentración contra a amnistía en Ferraz (EFE/Rodrigo Jiménez)
G24.gal 17/11/2023 09:56

Na noite posterior á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno non puideron faltar as protestas contra a amnistía e os pactos do dirixente político na rúa madrileña de Ferraz.

Segundo informa a Delegación do Goberno, na concentración participaron unhas 4.000 persoas, das que 7 foron detidas. Todos eran homes maiores de idade.

Unha noite máis, déronse incidentes e cargas policiais. O balance é de sete feridos leves; un deles é policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade