Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sexto título galego de rallys para Víctor Senra

Sexto título galego de rallys para Víctor Senra

Alberto Meira gañou o Rally San Froilán e o terceiro posto de Senra válelle para revalidar o título

Víctor supera o seu pai Manuel e iguala con Germán Castrillón

G24.gal 16/10/2022 10:05

Víctor Senra segue a facer historia no campionato galego de Rallys. O piloto de Dumbría gañou o seu sexto título galego, iguala con Germán Castrillón con seis triunfos e supera a seu pai, o mítico Manuel Senra. 

E iso que non gañou en grande porque foi terceiro no Rally San Froilán. A vitoria foi para Alberto Meira, o último piloto en quitarlle o título alá polo ano 2016. Un accidente cun gato no primeiro treito fíxolle perder un minuto a Senra e non llo deu recortado a un Meira que viu a grande oportunidade de facerse co triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade